DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 12 de xuño de 2007 Páx. 10.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre do ano 2007.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística no primeiro cuadrimestre do ano 2007, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2007.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística