DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 12 de xuño de 2007 Páx. 10.002

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 4 de xuño de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 7 de febreiro de 2007, pola que se regula a concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán.

En virtude das competencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, atribuídas polo Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e de acordo co disposto no artigo 7.3º da Orde do 7 de febreiro de 2007, pola que se regula a concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán, e no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, procédese á publicación das subvencións concedidas por Resolución do 24 de maio de 2007 do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A relación de subvencións concedidas atópase no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2007.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO