DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 08 de xuño de 2007 Páx. 9.823

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, se establece o procedemento de autorización das entidades de formación e se crea o rexistro destas.

Advertidos erros no devandito decreto publicado no Diario Oficial de Galicia nº 67, do mércores, 4 de abril de 2007, cómpre facer a seguinte corrección:

No artigo 7.3, páxina 5.374, onde di: «3. Co obxecto de facilitar a planificación da oferta anual de cursos, a presentación das solicitudes para a autorización de entidades farase nos tres primeiros meses do ano».

Debe dicir:

«3. Co obxecto de facilitar a planificación da oferta anual de cursos, a presentación das solicitudes para a autorización de entidades farase nos seis primeiros meses do ano».

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES