DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 04 de xuño de 2007 Páx. 9.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo para a aprobación da táboa salarial para o ano 2007 do convenio colectivo extraestatutario de ámbito provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo.

Visto o acordo para a aprobación da táboa salarial para o ano 2007 do convenio colectivo extraestatutario para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo, asinado o día 30 de marzo de 2007, pola representación da Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo, Asociación Profesional de Empresas de Limpeza (Aspel) e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e USTG.

E tendo en consideración o disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público para a súa publicidade para garantir os dereitos dos traballadores, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Traballo da provincia de Lugo

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións laborais.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de abril de 2007.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

-Pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Lugo.

María Novoa Souto.

Raquel Novoa Souto.

Pedro Montero Fernández.

-Pola Asociación Profesional de Empresas de Limpeza (Aspel).

José Romero García.

Félix Valderrey de la Huerga.

Ramón González Fontaiña.

-Polas centrais sindicais.

UGT:

Ana Fernández González.

José Rubinos Domínguez.

María Ferreiro Ferreiro.

Manuel Lorenzo Fernández.

Elisa Sangregorio Cordero.

Fernando Teijeiro Valledor.

CC.OO.:

Jesús Castro Baamonde.

Víctor Julio Sánchez.

USTG:

Manuel Expósito López.

Román Corbelle Lugilde.

En Lugo, sendo as 12.00 horas do día 30 de marzo do 2007, reúnense nos locais da CEL as persoas relacionadas, membros todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo extraestatutario provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo, co obxecto de aprobar a táboa salarial para o ano 2007 do convenio extraestatutario mencionado e fixar outras condicións igualmente pactadas para o ano 2007 no dito convenio.

Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar a táboa salarial do ano 2007 do convenio colectivo extraestatutario provincial para o sector de limpeza de edificios e locais de Lugo conforme o previsto no seu artigo 14.

Segundo.-O importe mensual do complemento de asistencia no ano 2007 será de 60,04 euros.

Terceiro.-O importe mensual do complemento de transporte no ano 2007 será de 62,80 euros.

Cuarto.-O importe do complemento de domingos e festivos no ano 2007 será de 14,12 euros.

Quinto.-Os atrasos por diferenzas de salarios consecuencia da aprobación da táboa salarial a que se fai referencia nesta acta aboaráselles aos traballadores no prazo dun mes desde a publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Remitirlle esta acta, xunto coa táboa salarial aprobada, á autoridade laboral competente para os efectos oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, e en proba de conformidade asinan esta acta as persoas arriba sinaladas.