DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 04 de xuño de 2007 Páx. 9.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 25 de maio de 2007 pola que se modifica a do 31 de xaneiro de 2007, pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de programas de educación familiar polas corporacións locais de Galicia.

A Orde do 31 de xaneiro de 2007, pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de programas de educación familiar polas corporacións locais de Galicia (DOG nº 27, do 7 de febreiro), recolle que nos orzamentos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar existe consignado para este ano 2007 un importe para as devanditas axudas de 1.400.000 euros, importe que poderá verse incrementado con outras achegas da Administración pública para o mesmo fin.

En consecuencia, como existen dispoñibilidades orzamentarias que poden ser utilizadas para os mesmos fins cómpre ampliar o importe dos créditos correspondentes ao exercicio 2007 destinados ao financiamento das axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2007, cunha contía adicional de 755.346,92 euros, na aplicación orzamentaria 05.20.312a.460.0, coa finalidade de facer chegar estas subvencións ao maior número posible de beneficiarios e en contía suficiente para garantir un axeitado desenvolvemento dos programas de educación familiar.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase o importe total correspondente ao exercicio 2007 destinado ao financiamento das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2007, pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de programas de educación familiar polas corporacións locais de Galicia, na contía de 755.346,92 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.20.312A.460.0.

2. Esta modificación non afecta o prazo establecido na devandita orde para a presentación das solicitudes.

Disposición derradeira

Única.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2007.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNES PÚBLICAS

E XUSTIZA