DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 01 de xuño de 2007 Páx. 9.156

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2007, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, pola que se actualiza o anexo previsto na Orde do 26 de febreiro de 1993, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar.

A orde da Consellería de Economía e Facenda, do 26 de febreiro de 1993, pola que se regula a expedición de pagamentos para xustificar, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2006, relaciona no seu anexo as aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se poden emitir ordes de pagamento para xustificar, entre as que se inclúe a aplicación 14.612B.640.

A Lei 14/2006, do 28 de decembro, aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 e, como consecuencia da nova clasificación funcional que se establece na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o Programa 612B «Promoción cooperativa e social e divulgación da tecnoloxía pesqueira» pasa a ser o Programa 722A «Promoción social e divulgación da tecnoloxía pesqueira» que non se atopa incluído no anexo antes citado.

De acordo co anterior e coa petición formulada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, cómpre actualizar a devandita relación das aplicacións e mesmo reproducila integramente para a súa mellor utilización práctica.

Xa que logo e por mor da facultade de actualización que me outorga a disposición adicional da Orde do 26 de febreiro de 1993, introducida pola devandita Orde do 26 de setembro de 2006,

RESOLVO:

Actualizar a relación das aplicacións orzamentarias con cargo as cales se poderán emitir ordes de pagamento para xustificar, de conformidade coa Orde do 26 de febreiro de 1993, cuxa relación quedará redactada do modo que se indica no anexo a esta resolución.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2007.

Marta Fernández Currás

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNES PÚBLICAS

E XUSTIZA