DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 29 de maio de 2007 Páx. 8.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 21 de maio de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas ao programa de axudas á xeración da actividade no marco do proxecto europeo Equal Compostela Social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, convocadas pola Orde do 26 de abril de 2007.

A Orde do 26 de abril de 2007 (DOG nº 86, do 4 de maio), establece no seu artigo 5 que os créditos que financian esta orde poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da incorporación dos remanentes do exercicio anterior, así como da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento do programa, coas limitacións que establezan as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 26 de abril de 2007, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2007, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007:

16.02.322C.470.0, código de proxecto 2006 00563 polo importe de 101.789,92 euros.

16.02.322C.470.0, código de proxecto 2007 00794 polo importe de 56.000 euros.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2007.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo