DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 29 de maio de 2007 Páx. 8.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN erros.-Orde do 25 de abril de 2007 pola que se convocan bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación agraria en unidades da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal desta consellería.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 89, do 9 de maio de 2007, na páxina 7.464, consistente na ausencia do logotipo do Fondo Social Europeo no anexo II de solicitude, procede volver publicalo corrixido.

Nota: esta presente corrección non afecta o prazo de presentación de solicitudes, toda vez que serán tidas en conta todas aquelas presentadas co modelo de solicitude publicado o 9 de maio de 2007.