DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 29 de maio de 2007 Páx. 8.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007 (IN983G).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 98, do 23 de maio de 2007, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 8.508, do artigo 1º.3, columna 2ª, liña 15ª, onde di: «3. En concreto, consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde a data da solicitude, ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17º», debe dicir: «3. En concreto, consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a continuación:».