DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 29 de maio de 2007 Páx. 8.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 2 de maio de 2007 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións do Instituto Enerxético de Galicia.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, establece as obrigas de que os prezos privados se fixen polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e de que tales prezos se publiquen no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento deste mandato legal, e unha vez emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público das publicacións editadas polo Instituto Enerxético de Galicia que se consignan no anexo desta orde.

2. No prezo atópase incluído o imposto sobre o valor engadido.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2007.

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

ANEXO

-Estudo de optimización enerxética no sector municipal de Galicia: 12 euros.