DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2007 Páx. 8.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2007, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no último cuadrimestre do ano 2006.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2006, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2007.

María Inmaculada Viña Carregal

Secretaria Xeral e do Patrimonio