DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

CONVOCATORIA de asemblea xeral.

O Consello de Administración de Caixa de Aforros de Galicia acordou convocar os señores conselleiros xerais da entidade á asemblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín, sito no Cantón Grande, número 21-23, da Coruña, ás 11.30 horas do día 9 de xuño de 2007 en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, conforme a seguinte

Orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe de dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia coma do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado de Caixa de Aforros de Galicia, todo isto correspondente ao exercicio económico de 2006, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 2006.

7. Exame, aprobación e/ou ratificación, se é o caso, dos orzamentos da obra social para o exercicio 2007, e de creación ou modificación de obras sociais, se é o caso. Delegación no Consello para a modificación do orzamento de obra social.

8. Nomeamento de auditores externos para o exercicio 2007.

9. Autorización do Consello de Administración, nos máis amplos termos, para emitir títulos valores, na contía máxima, termos e condicións que a asemblea determine.

10. Autorización do Consello de Administración, nos máis amplos termos, para emitir obrigas de pagamento, na contía máxima, termos e condicións que a asemblea determine.

11. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectuar o preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

12. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

13. Clausura do acto polo presidente.

Desde a data de convocatoria, quedará depositados na sede central da Caixa e ao dispor dos señores conselleiros xerais a documentación relativa aos puntos da orde do día.

A Coruña, 15 de maio de 2007.

Mauro Varela Pérez

Presidente do Consello de Administración