DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de corrección de erros.

Advertido un erro no anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 79, do 24 de abril de 2007, relativo á poxa convocada por decreto desta Presidencia provincial do 5 de marzo de 2007, para a contratación da execución da obra de reparación na cuberta do pavillón de deportes de Xinzo de Limia, procédese á súa emenda do xeito que se indica:

Onde di:

«Clasificación do contratista: C/e e 9/c».

Debe dicir:

«Clasificación do contratista: C/3 e 9/c».

Con motivo desta corrección, o prazo de presentación de documentación e solicitudes rematará o décimo terceiro (13º) día natural contado desde o seguinte, ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de maio de 2007.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense