DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO do 4 de maio de 2007, de aprobación inicial do Plan Especial de Reforma interior do PEI-17 en Padriñán-Sanxenxo tramitado por instancia deste concello.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria realizada o 3 de maio de 2007, acordou prestar aprobación inicial ao Plan Especial de Reforma interior do PEI-17 en Padriñán-Sanxenxo segundo documentación técnica subscrita polos arquitectos Antonio Hernández Crespo, Javier Aballe Lago e Ernesto Cid Sueiro.

Exponse o expediente á información pública polo prazo dun mes, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e en dous dos xornais de máis ampla circulación na provincia, co obxecto de que, quen se considere afectado ou prexudicado, poida formular as alegacións que considere procedentes, suspendéndose o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición naquelas áreas deste plan parcial.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 4 de maio de 2007.

Catalina González Bea

Alcaldesa