DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para edificio de soto, planta baixa, un andar e baixo cuberta, para 12 vivendas, en Gondar, 4, Vilalonga, presentado por Promociones Villacuntis, S.L.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 29 de marzo de 2007, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para edificio de soto, planta baixa, un andar e baixo cuberta, para 12 vivendas, en Gondar, 4, Vilalonga, presentado por Promociones Villacuntis, S.L., segundo documentación técnica subscrita pola arquitecta Mercedes Muñoz Jaureguialzo, visada polo colexio respectivo no 12 de decembro de 2006.

Exponse o expediente a información pública polo prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP e nun dos xornais de máis ampla circulación na provincia, co obxecto de que quen se considere afectado ou prexudicado poida formular as alegacións que considere procedentes, suspendéndose o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición na área do estudo de detalle.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 2 de abril de 2007.

Catalina González Bea

Alcaldesa