DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o documento de adaptación do Plan parcial do subsector SUN-2 nas Anduriñas-Ver, á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, redactado polo Estudio de Arquitectura e Urbanismo Xcale, e presentado polo promotor Grupo Lar Promosa, S.A.

De conformidade co dispIosto no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, modificada pola Lei 15/2004, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente completo a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de máxima difusión da provincia, durante o cal os interesados poderán examinalo nas oficinas xerais municipais, sitas na rúa Real nº 13 deste concello e presentar cantas alegacións e/ou observacións consideren oportunas.

Pontedeume, 10 de maio de 2007.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde