DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ourense para a contratación do servizo de colaboración integral na xestión recadatoria do Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio e Contratación.

c) Número de expediente: 141/07.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de colaboración integral na xestión recadatoria do Concello de Ourense.

b) Lugar: Ourense.

c) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adjudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: a prestación dos servizos obxecto de licitación non será retribuída.

5. Garantías.

a) Provisional: os licitadores non deben constituír garantía provisional.

b) Definitiva: o adxudicatario non deberá constituír garantía definitiva.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo de Patrimonio e Contratación.

b) Enderezo: rúa Lamas Carvajal, 28-3º.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Teléfono: 988 39 24 74.

e) Telefax: 988 24 84 84.

f) Páxina web: www.ourense.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o fin do prazo de presentación de proposicións.

7. Recollida de documentación.

Copistaría: Copyplaza. praza Maior nº 8 baixo.

Teléfono/fax: 988 25 58 27 e web: www.ourense.es.

8. Requisitos específicos do contratista: os especificados no punto seis do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto sete do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense (32005) das 9.00 ás 13.00 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a recepción das ofertas.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

b) Enderezo: praza Maior, nº 1.

c) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o de presentación de proposicións, ás 13.00 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario, ata un importe de 1.200 euros.

Ourense, 26 de abril de 2007.

Enrique Nóvoa López

Alcalde