DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

EDICTO.

O Pleno do Concello do Incio, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de abril de 2007, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Desestimar a alegación presentada por Pastora Raquel Macía Fernández en base ao informe expedido pola Deputación Provincial de Lugo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan parcial de desenvolvemento do sector URB-DE-I1, O Incio».

A teor do disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002 procédese a remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

O Incio, 18 de abril de 2007.

Ángel Camino Copa

Alcalde