DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2007, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso para a adquisición de follas de historia clínica e formularios de saúde bucodental (lote 1) e talonarios de interconsulta (lote 2) de atención primaria (AC-SER1-07-038).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AC-SER1-07-038.

Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de follas de historia clínica e formularios de saúde bucodental (lote 1) e talonarios de interconsulta (lote 2) de atención primaria.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de prescricións técnicas

c) División por lotes e número: si, 2 lotes.

d) Lugar de entrega: ver 14 da folla de especificacións.

e) Prazo de entrega: ver 7 da folla de especificacións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso

4. Orzamento base de licitación: cento setenta e cinco mil euros (175.000 €).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 27 87.

e) Telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver número 16 da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica e profesional: ver número 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contadas desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver número 19 da folla de especificacións).

d) Prazo no cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas a.m., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo cuarto día contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

11. Gastos de anuncios: ver número 20 da folla de especificacións.

12. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2007.

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División de Recursos Económicos