DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2007, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministracións, polo trámite urxente, de adquisición de equipamento odontolóxico con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (AC-SER2-07-015) (3 lotes).

1. Nome e enderezo do servizo: Servizo Galego de Saúde/Sergas-Servizo de Montaxe e Equipamento (División de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2º andar en Santiago de Compostela. Teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax 881 997 011. Enderezo internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministracións, polo trámite urxente.

3. a) Lugar de entrega da subministración: diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos produtos que se deban subministrar: adquisición de equipamento odontolóxico (3 lotes).

-Orzamento total: un millón trece mil seiscentos euros IVE incluído (1.013.600,00 euros). Desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2007: 937.200 €.

2008: 76.400 €.

"

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

4. Prazo de entrega máximo da subministración desde o envío da folla do pedido: máximo 30 días naturais.

5. a) Nome e enderezo do servizo a que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 6-6-2007.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: ás 14.00 horas do día 6-6-2007.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 5.3 do prego tipo de cláusulas administrativas.

c) Enderezo a que deben dirixirse: ver punto 1.

d) Lingua ou linguas en que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9.00 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte: 18-6-2007.

8. Fianzas e garantías exixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, contados desde a data de apertura das ofertas.

13. Criterios que seguirán para adxudicar o contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes (oferta base máis dúas variantes).

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 2006/S184-195357 do 27 de setembro de 2006.

17. Data de envío do anuncio: 15-5-2007.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2007.

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División de Recursos

Económicos