DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2007 pola que se fai pública a adxudicación para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade das dependencias deste organismo.

Para os efectos do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte expediente de contratación:

Concurso público para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade das dependencias do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: departamento de Secretaría e Servizos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade das dependencias do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

2.2. Publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 28, do 8 de febreiro de 2007.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: noventa mil euros (90.000,00 €), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 27-2-2007.

b) Contratista: Vigilancia Integrada, S.A. (Vinsa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: setenta e nove mil trescentos cincuenta e nove euros con catro céntimos (79.359,04 €), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2007.

Xoán Ramón Doldán García

Director do Instituto Enerxético de Galicia