DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de abril de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento aos debedores que se relacionan. (Expediente C-588, conta 15).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no parágrafo primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, en relación coa Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia, notifícanselles aos interesados cos datos e co domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por todos os medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos polos interesados coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ao día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presentar os documentos e xustificacións que crean convenientes ao seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos que se acordará no expediente de desafiuzamento ou, de ser o caso, na execución hipotecaria, iniciado co presente documento e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 19 de abril de 2007.

Xoán Carlos Bascuas Jardón

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Herdeiros de Vicente Nieto Fernández e Ermitas Díaz Hermida (Jesús Nieto Díaz).

Expte.: C-588 (F.P. 90/07).

Conta: 15.

Grupo San Clemente, P-8, casa nº 15 (Narón).

Importe débeda: 52,06 €.