DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 12 de abril de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 5 de febreiro de 2007 de desestimación do recurso de reposición das axudas para a adquisición da condición de socio/a traballador/a relativas ao expediente TR 341C 2006/110-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no enderezo sinalado pola interesada da resolución do expediente administrativo da axuda para a adquisición de la condición de socio/a traballador/a, consonte o establecido na Orde do 24 de marzo de 2006 (DOG do 31), publícase:

Expediente de procedemento: TR 341C 2006/110-5.

Orde de convocatoria: 24 de marzo de 2006 (DOG do 31 de marzo).

Interesado: Mª Carmen Perea Álvarez.

Enderezo: Marqués de Valterra, 43-1,3-A, 36202 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución da axuda para a adquisición de la condición de socia traballadora.

Resolución:

Visto o recurso interposto pola interesada, notifícolle a resolución ditada por esta delegación provincial:

Antecedentes.

1. A Resolución do 30 de outubro de 2006 notificada o 6 de novembro de 2006 acordou non conceder a axuda ou subvención para a adquisición da condición de socio/a traballador/a solicitada por Mª Carmen Perea Álvarez.

2. O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución o 4 de decembro de 2006 .

Fundamentos.

Primeiro: a competencia desta delegación provincial para resolvero recurso vén determinada polas disposicións seguintes:

-Artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Artigo 11 da Orde do 24 de marzo de 2006 (DOG nº 64) pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego en cooperativas e sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para o ano 2006.

-Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 7 de setembro de 2006 da Consellería de Traballo, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo.

Segundo: o artigo 18 a) da orde reguladora das axudas establece que son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións:

Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

Da documentación que figura no expediente despréndese que o/a solicitante non estaba ao día das súas obrigas tributarias. A falta de cumprimento desde requisito quedou acreditada por medio da correspondente certificación expedida pola Axencia Estatal Tributaria do 25 de outubro de 2006.

Terceiro: a recorrente alega estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e achega un certificado da Axencia Tributaria do 30 de novembro de 2006. Este certificado non desvirtúa o contido do documento presentado con anterioridade, polo mesmo órgano, e que serve de base, a administración actuante, á hora de emitir a proposta de resolución de concesión da axuda como establece o artigo 11 a) da orde reguladora das axudas e o artigo 78.4.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia.

A documentación presentada o 4 de decembro de 2006 só evidencia que, Mª Carmen Perea Álvarez, nese momento está ao día das súas obrigas tributarias, o que non quere dicir que o estivese con anterioridade como así queda constatado mediante a documentación que figura no expediente.

Cuarto: as alegacións da recorrente non desvirtúan a fundamentacion anterior. Os principios de legalidade o obxectividade que rexen a actividade de fomento obrigan a administración actuante a exixir a observancia da normativa reguladora, que non prevé excepcións na súa aplicación que permitan atender as pretensións formuladas. En consecuencia, o recurso non pode ser estimado.

En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,

RESOLVO:

Desestimar o recurso de reposición interposto o 4 de decembro de 2006 e confirmar a resolución ditada por esta delegación provincial o 30 de outubro de 2006.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, (BOE do 14 de xullo) reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo.

Vigo, 5 de febreiro de 2007. Pedro Borrajo Rivas, delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes atópanse no Servizo de Promoción do Emprego da delegación provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 12 de abril de 2007.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra