DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 12 de abril de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 21 de abril de 2006 de revogación das axudas de promoción do emprego autónomo relativas ao expediente AS 341D 2004/1792-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no enderezo sinalado polo interesado da resolución do expediente administrativo da axuda: renda para o inicio de actividade, consonte o establecido na Orde do 12 de marzo de 2004 (DOG do 26 de marzo), publícase:

Expediente de procedemento: AS 341D 2004/1792-5.

Orde de convocatoria: 12 de marzo de 2004 (DOG do 26 de marzo).

Interesado: Gloria Nelly Rincón Rincón.

Enderezo: estrada circunvalación, 36960 Sanxenxo (Pontevedra).

Asunto: resolución de axudas á promoción do emprego autónomo.

Resolución:

Vistas as actuacións practicadas en relación co expediente de referencia, tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

1. A resolución administrativa do 23 de decembro de 2004 concedeulle ao/a interesado/a unha axuda por importe de 4.276,20 €, en concepto de renda para o inicio de actividade.

2. Intentada a notificación nos enderezos indicados pola interesada para estes efectos, e non sendo posible, procedeuse á súa publicación no Diario Oficial de Galicia o 4 de xullo 2005 (DOG nº 127), segundo dispoñen os artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico de las administracións públicas e do procedemento administrativo común

3. O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ao cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

4. A beneficiaria non achegou debidamente e no prazo indicado a seguinte documentación:

4.1. Declaración complementaria e actualizada de todas as axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este proxecto, ou de ser o caso declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (base 7ª).

4.2. Certificado de estar ao día nos pagamentos á Seguridade Social como traballador/a autónomo/a.

4.3. Certificado de estar ao día nos pagamentos á Axencia Estatal Tributaria.

4.4. Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

4.5. (Cando se trate de C.B, S.C. ou S.L. tamén achegará os tres certificados dela).

5. Na tramitación deste expediente observáronse todos os requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

1. A competencia para coñecer e resolver a solicitude correspondente, por delegación do conselleiro de Traballo, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 12 de marzo de 2004 (DOG do 26 de marzo), da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se regula o programa de promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a súa convocatoria para o ano 2004, en relación co Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, e a Orde do 18 de agosto de 2005, da Consellería de Traballo, sobre delegación e desconcentración de competencias nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Traballo e Disposición Transitoria primeira da Orde do 15 de marzo de 2005 (DOG do 18 de marzo de 2005) da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

2. O artigo 15 da orde reguladora establece modificación da resolución de concesión. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e eventualmente á súa revogación.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Revogar a resolución desta delegación provincial do 23 de decembro de 2004 pola que se lle concedeu unha axuda a Gloria Nelly Ricón Ricón por importe de 4.276,20 € para subvención en concepto de renda para o inicio de actividade.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, perante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 21 de abril de 2006. Pedro Borrajo Rivas, delegado provincial de Pontevedra.

Os correspondentes expedientes atópanse no Servizo de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Traballo en Vigo.

Vigo, 12 de abril de 2007.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra