DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

CÉDULA do 11 de abril de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo da procedencia de reintegro das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento de estabilidade laboral reguladas na Orde do 30 de xullo de 2003.

O 5 de marzo de 2007, o delegado provincial de Lugo, dictou a resolución pola que se acorda a procedencia de reintegro da axuda concedida a Obrasmou, S.L. con número de expediente 343G 2003/357.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula no Diario oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta delegación provincial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Lugo, 11 de abril de 2007.

José Miguel Vázquez Calvo

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 343G 2003/357.

Nome ou razón social: Obrasmou, S.L.

DNI/NIF: B-27220425.

Ultimo enderezo coñecido: Teixeiro, nave 1 (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo aos traballadores contratados durante un tempo mínimo de tres anos

Precepto infrinxido: o artigo 15.4º da Orde do 30 de xullo de 2003 pola que se establecen os programas de incentivos á contración indefinida con orixe en plans empresariais de incremento de estabilidade laboral.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da axuda.