DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 18 de abril de 2007, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación de expedientes sancionadores (PESAN1 2007/000215-5 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as notificacións de incoación dos expedientes instruídos por infracción da Lei 8/2004, do 30 de xullo, de protección, control, infraccións e sancións en materia marítimo-pesqueira de Galicia (DOG nº 162, do 20 de agosto).

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a delegación territorial as alegacións que considere pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Pontevedra, Concepción Arenal, 8-5ª planta, Vigo.

Nº de expediente: PESAN1 2007/000215-5.

Denunciado: Manuel Fernández Barbosa.

DNI: 36027630-Q.

Enderezo: rúa do Combro, nº 123-1º, Vigo.

Nº de expediente: PESAN1 2007/000242-5.

Denunciado: Luis Araújo Mellemga Balsa.

DNI: X1400538.

Enderezo: rúa Piorno, 4, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Nº de expediente: PESAN1 2007/000243-5.

Denunciado: Luis Araújo Mellemga Balsa.

DNI: X1400538.

Enderezo: rúa Piorno, 4, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vigo, 18 de abril de 2007.

P.A.

José Antonio Rodríguez Fachado

Instrutor