DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2007 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión do establecemento que se cita a seguir e do permiso de actividade e concesión administrativa que o amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante o escrito do 5-7-2004, Félix Triñanes Sánchez, no seu nome, solicitou autorización para a transmisión do permiso de actividade e da concesión dunha cetaria, da que é titular, situada en Portomouro-Abanqueiro-Boiro (A Coruña).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

-Informe técnico favorable da Delegación Territorial da Coruña.

-Informe favorable sobre a transmisión da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente).

-Informe xurídico favorable do Servizo Técnico Xurídico.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 27 de decembro de 2005, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 21 de xullo de 2000, pola que se regula o procedemento para a transmisión do permiso de actividade nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicions citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mariscos Otero, S.L. (B-15885742), do permiso de actividade e concesión do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: cetaria.

Nome: Félix Triñanes Sánchez.

Actividade: estabulación de crustáceos.

Situación: Portomuoro-Abanqueiro-Boiro (A Coruña).

Especies autorizadas: boi (Cancer Pagurus), centola (Maja squinado), lagosta (Palimurus spp.), lumbrigante (Homarus ganmarus), nécora (Macropipus puber).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 27-2-1991 (BOE/DOG nº 75, do 19-4-1991).

Remate da vixencia: 19-4-2011.

Actual titular: Félix Triñanes Sánchez (76493441-H).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular do permiso da actividade e da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de abril de 2007.

P.D. (27-12-2005, DOG nº 4, do 5-1-2006)

Rosa María Liaño Pedreira

Delegada territorial da Coruña