DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2007 pola que se autoriza a transmisión inter vivos do permiso de actividade e concesión dun establecemento de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do establecemento que se cita a seguir e do permiso de actividade e concesión administrativa que o amparan, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante un escrito presentado no seu día, Gonzalo Cortés Sánchez solicitou autorización para a transmisión do permiso de actividade e da concesión dun parque de cultivo mariño, do que é titular, situado na praia da Ladeira do Chazo, Boiro (A Coruña).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requerida para a tramitación.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial.

-Informe técnico favorable da Delegación Territorial da Coruña.

-Informe xurídico favorable do Servizo Técnico Xurídico.

Cuarto.-O 26 de xaneiro de 2006, a Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) informou favorablemente a transmisión da titularidade da concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 27 de decembro de 2005 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e Orde do 21 de xullo de 2000, pola que se regula o procedemento para a transmisión do permiso de actividade nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Vistas as disposicions citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Clara Cortés Rebollido (52452582-R), do permiso de actividade e concesión do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo mariño.

Nome: Gonzalo Cortés Sánchez.

Actividade: cultivo.

Localización: praia da Ladeira do Chaz-Boiro (A Coruña).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xaponesa (Ruditapes philipinarum), berberecho (Cerestoderma edule), ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-4-1988 (BOE/DOG nº 104, do 1-6-1988).

Remate da vixencia: 1-2-2008.

Actual titular: Gonzalo Cortés Sánchez.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular do permiso da actividade e da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo`perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de abril de 2007.

P.D. (Orde 27-12-2005, DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2006)

Rosa Mª Liaño Pedreira

Delegada territorial da Coruña