DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 2 de abril de 2007 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea María Teresa I (Redondela A-cuadrícula 26).

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro María Teresa I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro.-Mediante o escrito do 25 de outubro de 2006, María Otero Rocha solicitou autorización para transmisión da concesión da batea María Teresa I.

Segundo.-Os informes do servizo de protección dos recursos sobre as características da batea e do servizo técnico xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Otero Rocha (NIF 35844779-S); Mª Carmen González Otero (NIF 78731082-N) e María Pilar González Otero (NIF 78732858-V), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: María Teresa I.

Localización:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 20-5-1964.

Remate da vixencia: 3-6-2014.

Antigo titular: Fernando González Pequeño (NIF 35844778-Z).

Adquirintes: María Otero Rocha (NIF: 35844779S), Carmen González Otero (NIF 78731082-N) e María Pilar González Otero (NIF 78732858-V).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

Documento notarial da transmisión ou doazón.

Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de abril de 2007.

P.D. (27-12-2005; DOG nº 4, do 5-1-2006)

Ángeles Montero López

Delegada territorial de Vigo