DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 25 de abril de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2007018, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 28 de marzo de 2007, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2007018 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Panadería La Moreneta-Panadería Los Cuñados 2005.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Panadería La Moreneta-Panadería Los Cuñados 2005 o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1. As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, e 2. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; iso mediante o ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de abril de 2007.

Mª Ausencia Tomé Martínez de Rituerto

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2007018.

Interesada: Panadería La Moreneta-Panadería Los Cuñados 2005.

DNI/NIF/CIF: B-15975535.

Derradeiro enderezo coñecido: Pintor Seijo Rubio, 3, 15300 Betanzos.

Feito imputado: infracción á lexislación vixente en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: art. 35 a) 3 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e 144 a) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia. Arts. 2.1º.1 e 2.2º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria. Real decreto 1137/1984, do 28 de marzo, que regula a fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais, arts. 8.3º, 11. Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril, sobre hixiene dos produtos alimenticios, art. 5, anexo II, cap. I.6, cap. II e cap. XI.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 600 € (seiscentos euros).