DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 16 de abril de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada, do cesamento de actividade 50/2005, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de febreiro de 2007, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no acordo da delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña con data do 10 de novembro de 2005, pola que se acorda a suspensión inmediata de toda aquela actividade que se realice sen contar con autorización sanitaria a Alberto Bermejo Becerra, en nome e representación de Alimentos Refrigerados, S.A., e con domicilio fiscal para os efectos de notificación na Coruña, polígono de Pocomaco E-39.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Alberto Bermejo Becerra, en nome e representación de Alimentos Refrigerados, S.A., o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mismo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou o a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 da Coruña, ou nos servizos centrais, na secretaría xeral (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil posterior, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; mediante o ingreso que debe efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de abril de 2007.

Mª Ausencia Tomé Martínez de Rituerto

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: cesamento de actividade 50/2005.

Interesado: Alimentos Refrigerados, S.A.

DNI/NIF/CIF: A-40001459.

Derradeiro enderezo coñecido: polígono Pocomaco Parcela E-39.

Feito/s imputado/s: carece da correspondente autorización sanitaria.

Artigo infrinxido: 31.2º da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Tipificación: cesamento de actividade.

Sanción imposta:1.200 €.

Contido da resolución: desestimación do recurso.