DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2007, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia o desestimento do concurso aberto, para a contratación da asistencia técnica para o Servizo de Xestión da Unidade de Tarxeta Sanitaria, anunciado pola Resolución do 19 de xaneiro de 2007 desta división (Diario Oficial de Galicia número 36, do 20 de febreiro) e pola que se anuncia nova convocatoria do citado concurso aberto.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase desestimento do concurso aberto anunciado por Resolución do 19 de xaneiro de 2007, da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, e nova convocatoria do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para o Servizo de Xestión da Unidade da Tarxeta Sanitaria (AC-CON1-07-002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AC-CON1-07-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o Servizo de Xestión da Unidade de Tarxeta Sanitaria.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: 24 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: setecentos dezaoito mil oitocentos sesenta euros (718.860 €).

5. Garantía provisional: si. Equivalente ao 2% do importe de licitación. Catorce mil trescentos setenta e sete euros con vinte céntimos (14.377,20 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 36 17 ou 981 54 27 87.

e) Telefax: 981 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 5-6-2007.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8 Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5-6-2007.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver punto 5º do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: a partir das 9.00 horas a.m. na sala 2.1 do edificio administrativo de San Lázaro (ver punto 6) do día 18-6-2007.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. Ver punto 21 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 30-4-2007.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2007.

P.D. (Decreto 45/2006, Orde do 8 de maio)

Ana Fernández Pulpeiro

Directora xeral da División de Recursos Económicos