DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 17 de abril de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0138/2006.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor e mais pola delegada provincial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Delegación Provincial do Medio Rural sita na praza Luis Seoane, s/n, edificio administrativo 3º andar-Monelos (A Coruña) en horario das 9.00 ás 14,00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 17 de abril de 2007.

Olga María García Agra

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0138/2006.

Denunciado: Francisco González Sanisidro.

Acto de notificación: proposta de resolución/resolución.