DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 13 de abril de 2007, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente do monte denominado Grobas, solicitado polos veciños da parroquia de Millarada, do concello de Forcarei.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 1 de agosto do 2006, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Forcarei.

Parroquia: Millarada.

Nome do monte: Grobas.

Cabida: 200,2 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: MVMC da Noveliza, da parroquia de Aciveiro.

Sur: MVMC de Vilariño, da parroquia de Millarada.

Leste: concello de Lalín.

Oeste: MVMC de Fixó-A Portela e montes particulares de Rolas, da parroquia de Millarada.

Encravados:

Existe un encravado, situado no SO, cunha superficie de 7,8 ha, formado pola agrupación de 25 persoas físicas, baixo a denominación de comunidade de propietarios do monte Grobas, cuxa representante é Victoria Madriñán Santorum.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 13 de abril de 2007.

P.A.

Víctor Abelleira Argibay

Instrutor