DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2007, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación de montes desta provincia 1/2004.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 21 de decembro de 2006, na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia do delegado provincial, e coa asistencia dos vogais Javier Bruña García, Miguel Pérez Máiz, Xosé Manuel Fernández Varela e da secretaria Ana Manuela Belinchón Jiménez, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

-Expediente número 1/2004

Denominación: Monte da Agüela

Pertenza: veciños da parroquia de San Mamede de Agüela.

Parroquia: San Mamede de Agüela.

Concello: Antas de Ulla.

Superficie: 4,47 hectáreas.

Estremas:

«Comunal de San Mamede» (0,5755 ha)

Norte: predios de María Eva Guerreiro Pena, Santiago Concheiro Caras e outros.

Sur: predios de Jesús Vázquez Guerrero e parroquia de Agüela.

Leste: predios de María Eva Guerreiro Pena e outros.

Oeste: predios de Santiago Concheiro Caras e outros.

«Comunal de Agüela» (1,1775 ha)

Norte: predios de Jesús Vázquez Guerrero, José González Quiñía e outros

Sur: provincia de Pontevedra

Leste: predios de José González Quiñía, Isaura González Fernández e outros.

Oeste: predios de Jesús Vázquez Guerrero e provincia de Pontevedra.

«Veciñal de Cobreiro» (2,7215 ha)

Norte: predios de Evangelina Caras Blanco, José Lemos García, Jesús Vázquez Guerrero e outros.

Sur: predios de Javier Fente Fente, Marcial Sobrado Diéguez, José Modia Rúa, José Fente Patao e outros.

Leste: predios particulares de veciños de Cibreiro.

Oeste: predios de Isaura González Fernández, Carmen Otero Iglesias, Ángel Vázquez Coto, Jesús Vázquez Guerrero e outros.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 8 de xaneiro de 2007.

Emilio López Pérez

Presidente do Xurado de Clasificación de MontesVeciñais en Man Común de Lugo