DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CÉDULA do 16 de abril de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado que se relaciona no anexo o acordo de iniciación de baixa de oficio da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido efectuar.

Segundo o establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes.

O órgano competente para a resolución do procedemento é o delegado provincial desta consellería en Lugo, segundo o disposto no artigo 99.4º da Lei 9/1997.

ANEXO

Establecemento: Villa Dolores.

Signatura: H.LU-14.

Titular: Pilar Fandiño Polo.

Enderezo: Pérez Labarta, s/n - Covas.

Concello: Viveiro.

Lugo, 16 de abril de 2007.

Ramón J. Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo