DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2007, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se outorga o permiso de investigación Xesteira 5069.1 e 5069.2.

A Delegación Provincial de Ourense, dá a coñecer que por Resolución do 4 de maio de 2007, foi outorgado o permiso investigación seguinte:

Xesteira nº 5069.1 e 5069.2 de 43 e 66 cuadrículas mineiras respectivamente nos concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras, Cualedro, Monterrei e Oímbra (Ourense).

O que se fai público para o seu coñecemento e dando cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978.

Ourense, 4 de maio de 2007.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense