DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 16 de marzo de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da posición de transformador 132 kV e celas 30 kV na subestación Pena Ventosa, no termo municipal de Ourol (Lugo). (Expediente 078EOL).

Advertidos erros no texto da resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 63, do 29 de marzo de 2007, cómpre publicar a corrección seguinte:

-Na páxina 5.134, no remate do parágrafo segundo do punto segundo de Antecedentes de feito, onde di: «... Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.», debe dicir: «... Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos o corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente. Neste período Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.U. estableceu un condicionado que foi aceptado por Hidroeléctrica de Ourol, S.L.».