DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2007, da Delegación Provincial Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilardemilo, concello de Viana do Bolo. (Expediente IN407A 06/181-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezopara efectos de notificacións na Batundeira, 2-Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 9 de outubro, desta delegación provincial, publicada no DOG do 21 de novembro, no BOP de Ourense do 23 de novembro, no xornal La Región do 3 de novembro de 2006, e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Viana do Bolo e desta delegación provincial, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Dentro do prazo establecido para iso non se presentou ningunha alegación en contra da instalación eléctrica.

Terceiro.-O proxecto recolle a ejecución das instalación que se detallan a seguir:

-Datos técnicos: liña eléctrica aérea, a 20 kV, de 2.327 m de lonxitude, con condutor LA-56 apoios de formigón, con orixe na L.M.T. ao C.T. Solbeira (expediente 1449-A.T.) de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no C.T. proxectado, aéreo, de Vilardemilo, de 100 kVA e r/t 15000/400-230 V. Rede de baixa tensión aérea de 30 m, condutor R.Z., derivada do C.T. proxectado.

-Orzamento: 74.694,27 euros.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no ejercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro.-O proxecto de ejecución, que recibiu informe favorable dos servizos técnicos desta delegación provincial, reúne todos os requisitos necesarios para a súa ejecución, efectuándose a comprobación sobre o terreo da traza da liña eléctrica proxectada na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no ejercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º. Conceder a autorización administrativa, a favor da Unión Fenosa Distribución, S.A., para o proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilardemilo, asinado o 22 de xullo de 2006 por Rubén Menéndez Fernández, enxeñeiro industrial colegiado número 1.380.

2º. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urgente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servizo público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servizos deles e zonas de servidume pública.

3º. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 14 de marzo de 2007.

Xosé Antón Jardón Dacal

Delegado provincial de Ourense