Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado I L.M.T., CC.TT., R.B.T. Vixoi-Ardagán.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: modificado I do proxecto consistente na substicuión da L.M.T. A. a C.T. Marrociños entre os apoios 1 e 2 da dita liña por L.M.T. subterránea a 20 kV de 600 m de lonxitude en condutor R.H.Z.-1 de 240 mm2 Al, que parte do apoio nº 1 e final no apoio nº 2 do novo perfil cos seus pasos aero-subterráneos. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 14 de marzo de 2007.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña