DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 28 de febreiro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de compartición da subestación denominada Pena Luisa para a interconexión de varias instalacións xeradoras, no termo municipal de Ourol (Lugo). (Expediente 027EOL).

Advertidos erros no texto da resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 56, do 20 de marzo de 2007, cómpre publicar a corrección seguinte:-Na páxina 4.438, no remate do parágrafo segundo do punto segundo de Antecedentes de feito, onde di: « Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é caso, establecesen o condicionado procedente.», debe dicir: «... Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente. Neste período Endesa Cogeneración y Ronovables, S.A.U. estableceu un condicionado que foi aceptado por Hidroeléctrica de Ourol, S.L.».