DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 14 de marzo de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 07/70).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Quintá.

Situación: Cesuras.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión núa, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,382 km, con orixe en apoio nº 111 existente de L.M.T. BEG-706, tramo entre derivada a C.T. Mandaio (expediente 33090), condutor tipo LA-110116,2, e remate en apoio 114 existente de L.M.T. BEG-706, tramo entre derivada a C.T. Mangoño (expediente 32022) e derivada a C.T. Mandaio (expediente 33090).

Liña eléctrica de media tensión aérea núa, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,733 km, con orixe en apoio nº 113 para substituír na L.M.T. BEG-706, tramo entre derivada a C.T. Mangoño (expediente 32022) e derivada a C.T. Mandaio (expediente 33090), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e remate en C.T. Quintá proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,521 km, con orixe no CTI proxectado, condutor tipo R.Z., e apoios de formigón. Concello de Cesuras.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 14 de marzo de 2007.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña