DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 18 de xaneiro de 2007, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 06/546).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Outeiro-Baíñas.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,31 km, con orixe en apoio nº 65-7 da L.M.T., aérea VIM-802 COG. Dermont-Pino do Val, condutor tipo R.H.V., e final no C.T. Outeiro-Baíñas (proxectado).

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,43 km, con orixe no C.T. Outeiro-Baíñas (proxectado), condutor tipo R.Z., e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,52 km, con orixe no C.T. Outeiro-Baíñas (proxectado), condutor tipo R.V. Concello de Vimianzo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2007.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña