DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2007, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudicar os seguintes traballos:

-Asistencia técnica para a redacción de estudos e proxectos de seguranza viaria nas estradas PO-331 e PO-552. (Clave: PO/06/238.06).

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L. (Inor).

Orzamento: 98.467,39 €.

-Obra de acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01) Outeiro de Rei (N VI)-Castro. (Clave: LU/02/018.01).

Adxudicatario: UTE Obrascon Huarte Laín, S.A.- José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 4.977.030,00 €. Cofinanciado con fondos Feder.

-Asistencia técnica para a redacción de estudos e proxectos de seguranza viaria nas estradas LU-533 e PO-551. (Clave: GA/06/237.06).

Adxudicatario: Noega Ingenieros, S.L.

Orzamento: 106.328,17 €.

-Asistencia técnica para a redacción de estudos e proxectos de seguranza viaria nas estradas PO-305, PO-531 e PO-549. (Clave: PO/06/235.06).

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 97.798,00 €.

-Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da estrada LU-651 Quiroga-Seoane do Courel. Treito: Quiroga-Folgoso. (Clave: LU/01/087.01).

Adxudicatario: Singla Ingeniería, S.L.

Orzamento: 310.451,96 €. Cofinanciado con fondos Feder.

-Asistencia técnica para o control e vixilancia, incluíndo o coordinador de seguranza e saúde da obra de acondicionamento da estrada LU-115 (antiga CP39-01) Outeiro de Rei (N VI)- Castro. (Clave: LU/02/018.01).

Adxudicatario: Singla Ingeniería, S.L.

Orzamento: 150.435,99 €. Cofinanciado con fondos Feder.

-Asistencia técnica para a realización de expropiacións da variante da PO-545 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11. (Clave: N/PO/91.10.3).

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 79.464,00 €.

-Asistencia técnica para a redacción de estudos e proxectos de seguranza viaria nas estradas PO-308, PO-531 e PO-532. (Clave: PO/06/236.06).

Adxudicatario: Consultora de Ingeniería y Empresa, S.L. (Ciesa).

Orzamento: 128.100,00 €.

-Obra de acondicionamento da estrada LU-651 Quiroga-Folgoso do Courel. Treito: Quiroga-Folgoso, 2ª fase: Alto do Boi-Folgoso. (Clave: LU/01/087.01.2).

Adxudicatario: UTE Ferrovial Agroman, S.A.-Construcciones Taboada y Ramos.

Orzamento: 4.303.178,98 €. Cofinanciado con fondos Feder.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2007.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

Luis Vázquez Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Transportes