DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de maio de 2007, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (AB Kapital, S.A. e cincuenta e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse dilixencias de embargo pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados, ou os seus representantes, que se sinalan no anexo, para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola zona de recadación de Vigo da Consellería de Economía e Facenda, en aplicación do disposto polo artigo 75 do Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o órgano de recadación sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en r/ Areal nº 62, local 3 en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 10 de maio de 2007.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo