DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de maio de 2007, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Arroyave Valle, Joaquín Domingo e cincuenta e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relacionanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados, ou os seus representantes, que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Zona de Recadación de Vigo, con enderezo na rúa Areal nº 62, local 3 en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

En Vigo, 2 de maio de 2007.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo