DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de abril de 2007, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Blanco Míguez, Juan C. e cincuenta máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na oficina liquidadora correspondente, no enderezo e horario que se sinala no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de abril de 2007.

Mª José de Castro Pena

Delegada territorial de Pontevedra