DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de abril de 2007, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible efectuar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por medio deste anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, rolda da Muralla 70-1ª, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; ou ben, se for o caso, na oficina liquidadora correspondente.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 25 de abril de 2007.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo