DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2007, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a concertación directa do alugamento dun local en Bande (Ourense), para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público, unha vez publicado o anuncio do 2 de febreiro de 2007 para a presentación de ofertas con destino á concertación directa dun alugamento en Bande para a ficina Agraria Comarcal e o Distrito Forestal XV, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda, que a contratación directa foi motivada con base na urxencia de dispoñer dun inmoble e na afectación ás limitacións do mercado inmobiliario, segundo a solicitude da Consellería do Medio Rural do 20 de novembro de 2006.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2007.

María Inmaculada Viña Carregal

Secretaria xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda