DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2007 Páx. 8.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (893/2006).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 893/2006 por instancia de Cristina Collazo Fernández contra 24x7 Asistencia Coruña Servicios Generales, S.L. 24x7 Soluciones Urgentes, S.C., Satius Servicio de Asistencia Técnica, S.L. e Cesar López Casas, sobre resolución contrato, nos que recaeu sentenza o 13 de marzo de 2007 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Cristina Collazo Fernández, declaro resolto o contrato de traballo que lla unía coa demandada Satius Servicio de Asistencia Técnica, S.L., a que condeno a indemnizala coa cantidade de 5963,29 euros.

Absolvo da demanda o resto das demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente perante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevese á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións código 1533 0000 60.0893 2006 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentenza.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento, deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á César López Casas, expido e asino esta cédula na Coruña o 16 de abril de 2007

O secretario judicial

Rubricado